Monday 06 de May de 2024

Paseo do ‘Christmas Camp 2015’ polo Museo do Traxe


Nenos e nenas que participaron nas actividades de conciliación do Concello de Ordes realizaron unha visita ao Museo do Traxe Juanjo Liñares. A carón das súas monitoras fixeron un percorrido polas instalacións, onde viron por primeira vez moitos dos traxes típicos das comunidades autónomas españolas. Os participantes do ‘Christmas Camp 2015’, estiveron moi atentos e atentas ás explicacións de ‘Carmiña’, responsable deste espazo cultural, quen lles descubriu mil e unha curiosidades e anécdotas sobre as pezas expostas. Todas e todos eles non daban crédito a que nos almacéns do museo se cheguen a almacenar máis de 1.000 traxes de todo o mundo.